22 octubre 2007

Ata logo amigos!!

Empecei esta aventura fai uns anos co único fin de conversar con veciños e intercambiar opinións sobre as nosas futuras vivendas. Ese era e é o único obxectivo deste foro de debate: falar e participar.

Co curso do tempo, este blog converteuse nun amplo foro de debate e discusión de temas variados, por medio do cal puxémonos en contacto e creouse a asociación de veciños da que eu tamén formo parte. O que está claro a estas alturas é que a páxina acadou a cifra de 10.000 visitantes, dentro dos cales hai as mais variopintas opinións, sen que por tal motivo todas sexan compartidas pola miña parte.

Ata o día de hoxe eu era descoñecedor da transcendencia que o contido do blog tiña para algúns dos nosos lectores. Segundo o meu parecer, as opinións e comentarios que se ían incluíndo día a día no foro non tiñan mais importancia que unha charla entre futuros veciños, e de ningunha maneira deberían ferir nin molestar a ninguén.

Por todo o anterior é polo que o blog seguiu a súa andadura ata o día de hoxe, no que me foi comunicada a trascendencia do mesmo alén dos veciños, a quen estaba dirixido, e que os comentarios e entradas aquí vertidas resultan ferintes para algunhas persoas.

Vendo polo tanto desvirtuado o obxectivo inicial do blog, e non tendo interese en coartar a libre expresión dos meus visitantes, por moi extrema ou absurda que sexa, despídome definitivamente de todos vos, non sin antes agradecervos que pasarades a tomar unha caña e fumar un pitillo por aquí mentres charlabamos. Unha aperta a todos...

xavinho